A 9ª Andaina Popular «Negreira no Camiño de Fisterra» que se celebra este sábado 24 de setembro, vai transcorrer por un trazado novo, mediante unha camiñada de 25 quilómetros cunha dificultade media, a través da Ruta dos 3 Pazos (O Cotón, Baladrón e Albariña), duns 16 quilómetros, e co engadido de nove máis unha vez chegados ó punto de partida, polo Camiño de Fisterra na súa saída de Negreira polo Corpachón ata Zas, e dende alí, por un sendeiro, os participantes regresan a Negreira polo paseo fluvial do río Barcala.

 

Con esta iniciativa preténdese potenciar e dinamizar o Camiño de Fisterra e Muxía, ao seu paso polo noso concello. 

 

Para facer efectiva a inscrición, podes chamar ó número de teléfono 981 885 886 ou enviar os datos a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A inscrición é de balde. Os datos a cumprimentar son os seguintes: nome e apelidos; data nacemento; localidade e teléfono de contacto.

0
0
0
s2sdefault