Remata agosto, e rematan a meirande parte das actividades para o tempo de lecer no verán promovidas dende o Concello de Negreira.

Este mércores ponse punto e final aos obradoiros Diververán que viñéronse celebrando polas mañás no Centro Sociocultural, dende o primeiro de xullo e, tamén clausuranse os cursos de natación na Piscina Municipal.

Festa na piscina

No relativo á festa de clausura dos cursos de natación, este mércores a partir das 10 da mañá terá lugar a entrega de diplomas e agasallos para todos os participantes nos cursos celebrados este mes. Xa pola tarde, a partir das 16 horas haberá inchables e xogos para todos os nenos con Infantilandia, que inclúen: Tobogán e Acuático cactus, ademáis de actividades como escalada polo tobogán, fútbol 3x3, xunto cunha Festa da Espuma e un Castelo Babe. Tamén haberá un pequeño tentempé para tódolos nenos e nenas.

E como colofón a unha xornada chea de actividades, o mércores a partir das 21:00 horas péchase o programa Cultura a pé de rúa, co espectáculo Bicirco, no Parque do Coto.

Cine na rúa

Dentro do programa Cine na rúa, este martes proxéctase o filme Aviones. Equipo de rescate, a partir das 22:00 horas, na Praza das Brañas.

0
0
0
s2sdefault