O Concello de Negreira colabora coa Asociación de Empresarios (ENe), para levar a bo porto esta fin de semana, unha nova edición da Feira Multisectorial que o sábado e mailo domingo, ten cabida no Pavillón do Colexio do Coto e maila chaira anexa, onde instalouse a carpa municipal para acoller distintas actuacións musicais, de baile e deportivas.

Van ser 36 as firmas expositoras na feira que terá horario ininterrompido, de 10:00 a 21:00 horas, o sábado e mailo domingo. Sectores que van desde a moda, calzado, comprementos, perruquería e estética, automoción, seguros, alimentación e bebidas, librarías ou mobles. Nesta edición ademáis, o Concello de Negreira conta cun stand de promoción dos recursos turísticos e naturais.

Actividades:

Sábado 5 de decembro

Inauguración da feira, ás 12 h.

Sesión vermú co grupo Saiva Nova, ás 13 h.

Baile con Veiga do Cotón, ás 17 h.

Exhibición de kárate coa Asociación Deportiva O Coto.

Concerto de Chop Trop, ás 21 h.

Domingo 6 de decembro

Sesión vermú de Os Atrevidos de Barcala, ás 13 h.

Paseo nun coche de ralis para os nenos/as, ás 17 h.

Concerto grupo Closer, ás 19 h.

Entre tódalas persoas que fagan as súas compras durante a feira, entregaráselles boletos para o sorteo dun carro de compras valorado en 150 euros. O sorteo vai ter lugar o domingo, ás 19 horas no recinto e, vai ser necesario estar presente durante o mesmo en caso de corresponderlle o premio.

Asemesmo, durante a Feira Multisectorial contarase cun servizo de cantina e comidas, na carpa anexa, e un servizo de gardeiría para os nenos e nenas que acodan á feira. 

Cartel

0
0
0
s2sdefault