O Concello de Negreira vén de proceder á licitación da contratación dos servizos de segregación, recollida, transporte e tratamento ou vertido dos residuos depositados no Punto Limpo, propiedade municipal e sito no Parque Empresarial de Covas. Trátase dun procedemento aberto con multiplicidade de criterios, cuxo prazo de execución é de catro anos e sen opción de prórroga.

 

Os criterios de adxudicación son os contemplados nas cláusulas sexta e oitava do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación, cun orzamento base de licitación dun importe neto de 112.000 euros, e un importe total de 123.000 euros, non esixíndose garantía provisional.

O prazo de presentación das ofertas é o de 8 días naturais dende o mércores 25 de maio, no Rexistro Xeral da Casa do Concello (rúa do Carme, 3, baixo).

0
0
0
s2sdefault