Unha trintena de veciñas/os de Negreira participaron o pasado sábado na subida ata o Mirador do Monte do Cotro, co gallo do tradicional Belén de cumios levado a cabo polo Concello de Negreira, unha actividade que marca o inicio do programa do Nadal no municipio e que terá continuidade este sábado 19 de decembro, a partir das seis do serán, co XXV Gran Festival do Nadal, no Auditorio do Centro Sociocultural.

Un cuarto de século cumpre o festival organizado pola Asociación Cultural e Folclórica Veiga do Cotón e mailo Concello de Negreira e, que contará coas seguintes actuacións:

Grupo de danza tradicional Val de Barcala.

Escola municipal de baile galego

Banda de acordeóns Xosé Manuel Suárez

Escola municipal de pandeireta

Escola municipal de ximnasia rítmica

Escola municipal de gaitas

Richo, interprete musical de Negreira

Banda Ateneo Musical de Negreira

E as colaboracións especiais que virán da man do Grupo de baile Churia, da Asociación Cultural Castro Meda, de Zas; a Escola de danza Shambala, de Ames, xunto coa actuación especial da Escola Municipal de Teatro.

0
0
0
s2sdefault