Tres disciplinas deportivas como son a natación, o ciclismo e o running, unidas a un fin solidario, van propiciar que Negreira acolla o sábado día 11 de xuño, un  evento deportivo como é o primeiro Triatlón Solidario Concello de Negreira, en favor da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegarec), e maila Fundación Federación Española de Enfermedades Raras (Feder), grazas á iniciativa emprendida polo noso veciño e triatleta, Andrés Domínguez, co patrocinio do Concello de Negreira,e a colaboración de empresas e clubes deportivos.

 

O evento está organizado por Lodeco S.L.U., e conta co apoio da Federación Galega de Triatlón, coas seguintes distancias: 750 metros de natación (1 volta), en augas do río Tambre (Ponte Ínsua); 20 quilómetros en bicicleta (3 voltas) a un circuito semiurbán por Vilachán, casco urbán, Arieira, A Barquiña e A Chancela, e 5 quilómetros de carreira a pé (3 voltas) a un circuito íntegramente polo centro de Negreira.

Horarios

A saída á proba individual será ás 16:30 horas, e á proba de relevos, ás 16:38 horas, no río Tambre, na zona embalsada de Ponte Ínsua (límite entre os concellos de Negreira e Brión).

A inscrición realízase online ata o martes día 7 de xuño, a través da web da Federación Galega de Triatlón www.fegatri.org, no apartado Competicións/Inscricións. Devandita inscrición formalízase enviando o xustificante de pagamento a nome do club por fax ó 982 109800 ou mail a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Os prezos para individuais é de 12 euros, e de 24 euros para relevos, sendo de balde na categoría cadete individual.

Presentación

Alberto Cereijo, guitarrista da banda de rock Los Suaves, púxolle música á canción do primeiro Triatlón Solidario Concello de Negreira, composta por Javi Jamargo. Cereijo é un dos que máis se envorcou: «Ás veces non nos damos conta ou estamos alleos e, todos temos cousas polas que loitar». Tamén Antón Ruanova, dúas veces subcampión mundial de triatlón, aportou a súa colaboración.

Cereijo asistiu á presentación do Triatlón e contou como no 2009 fixéronlle un trasplante de córnea e está en lista de espera por outro, ao detectárselle unha enfermidade pouco común da vista. Cre que ten «moito mérito» o que está facendo o seu amigo Andrés Domínguez…

Cada dous euros da inscrición, irá a fins solidarios: un euro para o mantemento de servizos de fisioterapia da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegarec) e, outro euro para investigación, a través da Fundación Federación Española de Enfermidades Raras (Feder), ambas representadas por Francisca Luengo, presidenta e, por Carmen López, directora sociosanitaria en representación da Fundación.

Tamén participou Óscar Surís, presidente da Federación Galega de Triatlón, quen animou á participación dos deportistas, ademáis do concelleiro de Deportes, Daniel Casal e o alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, quen lanzou un órdago ás administracións públicas para que se fagan cargo dos fondos necesarios para a atención e maila investigación.

0
0
0
s2sdefault