O alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e maila concelleira de Servizos Sociais e Educación, María Jesús Veiga Hortas, entregaron na xornada do luns os premios do Certame de Pintura Infantil Negreira en cor, patrocinado pola Fundación Feiraco, dentro da programación das Letras Galegas 2016. Este acto serviu para a clausura da actividade da Escola de Pintura e Debuxo, coa entrega de diplomas a todo alumnado participante nas clases impartidas por Silvia Capelo. No acto participou o alumnado da Escola Municipal de Pandeireta.

 

En canto ao Certame de Pintura Infantil, na categoría de 6 a 12 anos os gañadores foron: Daniela Ruso Pereiro, por Só dous; Inés Rivas Blanco, por Bosque de cor, ambas de Negreira e, Andrea Rial Canosa, de Vimianzo, por Paisaxe. Na categoría de 13 a 18 anos, o gañador foi Manuel Mosquera Dapena, de Ames, polo seu cadro De peregrinaxe, seguido de Retratos, de Yago Balado (Santiago), e o terceiro posto foi para o negreirés, Ángel Freire Platas, polo seu cadro titulado Galeón. 

0
0
0
s2sdefault