O Concello de Negreira programa un concerto do grupo de cámara Minuetto, co gallo da festividade das Letras Galegas 2016 mediante unha actuación que terá lugar na Praza do Concello, o vindeiro 17 de maio, a partir das 13:00 horas.

 

Devandita actuación vai a incluir unha lectura de poemas do poeta barcalés, Xosé M. López Ardeiro, entre peza e peza musical, polo que faise un chamamento a todos aqueles que queirades participar coa lectura de poemas seus, a que o comuniquédes previamente na Delegación de Cultura, na primeira pranta da Casa da Cultura, ou ben chamando ao número de teléfono: 981 885 886.

A iniciativa trata así, de apoiar o acordo plenario da Corporación Municipal de Negreira para a candidatura das Letras Galegas 2017 adicadas ó poeta Ardeiro, solicitude que o Concello de Negreira debe trasladar ó plenario da Real Academia Galega.

Banda Ateneo

As actividades das Letras Galegas 2016 en Negreira terán a súa continuidade, o sábado día 21 de maio, cun concerto especial da Banda Ateneo de Negreira, ás 20:00 horas, no Auditorio de Negreira, interpretando música de Andrés Álvarez, Simón García, Alejandro Montes e Raúl Martín Niñerola, director da Banda.

0
0
0
s2sdefault