O Concello de Negreira celebrará a 21ª edición do Encontro dos Maiores, o sábado día 7 de maio, no Campo da Feira, nun evento que inclúe unha misa ás 13.45 horas na Capela do Cotón, seguida da actuación da Banda Ateneo de Negreira e, do xantar popular, mentres que ao longo da tarde non faltará a animación musical e mailo baile dos participantes.

 

Para asistir é necesario retirar as invitacións, dende este mércores 20 até o venres 29 de abril, no Departamento Municipal de Servizos Sociais, na pranta baixa da Casa do Concello (rúa do Carme, 3), en horario de mañá. É requisito imprescindible ter cumpridos os 60 anos de idade e estar empadroados no Concello de Negreira, así como ir acompañados do seu DNI para a retirada das invitacións.

Como tódolos anos, haberá un servizo de autobuses que pasarán por tódalas parroquias do concello para trasladar aos participantes ata a festa, así como de regreso unha vez remate a xornada.

0
0
0
s2sdefault