Pepo1.jpgEste venres chega ao 5º Ciclo de Monólogos de Negreira, Pepo Suevos, un tipo con máis dun milleiro de monólogos as súas costas, dígase un ¨animal¨ do humor en directo, dispostos a arrasar o escenario que colla por diante.

 

Pepo Suevos, é ademais de monologuista, un fantástico actor, animador, dobrador, guionista e incluso locutor de radio, que ten participado en proxectos a nivel estatal como Piratas ou Aquí paz y después gloria, a serie protagonizada por Antonio Resines. En Galicia, formou parte do elenco de actores de series como a mítica Mareas vivas, e outras de éxito como Terras de Miranda, Caseiros, Pazo de familia, ou mesmo a exitosa Matalobos. Actualmente, xira por todo o país coa peza teatral O Tolleiro de Inishmaan.

 

pepo2.jpg

 

Este polifacético actor, monologuista e animador, contanos historias do día a día, moitas veces baseadas en vivencias propias e, outras veces, mesmo inventadas, polo que este venres 13 agárdanos unha hora de gargalladas aseguradas e reflexións que farán que o público pase unha noite de moito humor.

 

As entradas pódense retirar polas mañás, na Delegación de Cultura, ou o mesmo venres dende unha hora antes da función que comeza ás 21:30 horas, na billeteira do Centro Sociocultural.

0
0
0
s2sdefault