monologos_041017.jpgEste venres arrinca a quinta edición do Ciclo de Monólogos. Durante os catro venres do mes de outubro pasarán polo escenario do Auditorio de Negreira, algúns dos mellores monologuistas do panorama galego: Lois Pérez (venres 6); Pepo Suevos (venres 13); Xosé A. Touriñán (venres 20), e Pedro Brandaríz (venres 27).

 

Tódalas funcións serán ás 21:30 horas e con entrada xeral a 5 euros, agás nas funcións de Xosé A. Touriñán, as cales custarán 10 euros. A retirada de entradas pódese efectuar a partir dos lúns anteriores a cada función, na Delegación de Cultura, na primeira planta da Casa da Cultura, en horario de mañá.

 

O 5º Ciclo de Monólogos de Negreira comeza este venres con Lois Pérez, un contrabandista de historias e narrador oral, humorista, cronista de rock and roll, poeta e dramaturgo. Comezou a contar subido a unha caixa de cervexas e actuou en escolas de idiomas, institutos e universidades, presentacións de novelas, teatros, bares, cárceres, museos, feiras do libro e demáis antros de perdición e desenfreo.

 

Presenta Lois Pérez en Negreira, a súa proposta Historia da fronteira, que ten un pé no humor e outro na tradición oral, pero tamén na gargallada, na literatura e nas historias da Raia mollada (e da seca). 

 

0
0
0
s2sdefault