A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión extraordinaria   o  día  28 de abril de 2015  ás 12.30 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :

 

Punto Primeiro.- En relación á obra “Colectores xerais e EDAR en Barcala. Negreira-A Baña (A Coruña)”, o Alcalde-Presidente deste Concello deberá ordenar ós Técnicos Municipais a emisión de Informe así como a supervisión da obra ó efecto de que se respecte o correspondente Proxecto Técnico. O Informe Técnico de referencia formará parte da documentación do vindeiro Pleno Ordinario.

Punto Segundo.- O Alcalde-Presidente deste Concello deberá solicitar do Presidente da Deputación Provincial da Coruña a celebración, no Concello, dunha xuntanza coa Comisión de Seguemento da estrada Negreira-Pontenafonso.

Punto Terceiro.- En relación ao Convenio asinado entre a Alcaldía e as propietarias duns terreos situados na zona das Brañas, con anterioridade á execución da praza das Brañas, o Alcalde-Presidente deste Concello deberá solicitar Informe acerca da legalidade do Convenio á Secretaría Municipal, ademais de Informe sobre a legalidade do compromiso de gasto cifrado na cantidade de 3.700 euros anuais de xeito indefinido, á Intervención Municipal.

 

O motivo do pedido é a ausencia dos devanditos Informes no expediente.

Os dous Informes deberán facer parte da documentación do vindeiro Pleno ordinario.

 

Negreira, 24 de abril de 2015.

Alcalde-Presidente

Juan J. Rey Maceira

A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión extraordinaria   o  día  27 de abril de 2015  ás 12.00 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :

 

Punto Único.- Sorteo para a formación das  Mesas Electorais a constituir con ocasión das Eleccións Locais que se celebrarán con data de 24 de maio de 2015.

 

Negreira, 23 de abril  de 2015.

Alcalde-Presidente

Juan J. Rey Maceira

A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión ordinaria  o  día  12 de marzo de 2015  ás 17.00 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :

 

Punto Primeiro.-  Aprobación, se procede, das actas seguintes:

- Acta do Pleno ordinario de data 13 de novembro de 2014.

- Acta do Pleno extraordinario e urxente de data 24 de novembro de 2014.

- Acta do Pleno ordinario de data 8 de xaneiro de 2015.

- Acta do Pleno extraordinario e urxente de data 23 de xaneiro de 2015.

Punto Segundo.- Dar conta dos Decretos emitidos pola Alcaldía dende a data do anterior Pleno Ordinario: Dende o Decreto nº1/2015 ata o Decreto 

nº 29/2015, ámbolos dous inclusive.

Punto Terceiro.- Aprobación inicial, se procede, do Regulamento do servizo público da piscina climatizada e instalacións anexas do Concello de Negreira.

Punto Cuarto.- Rogos e preguntas. 

 

Negreira, 9 de marzo  de 2015.

Alcalde-Presidente

Juan J. Rey Maceira

A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión extraordinaria e urxente  o  día  8 de abril de 2015  ás 19.00 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :

 

Punto Primeiro.- Xustificación da urxencia da convocatoria.

Punto Segundo.- Expediente de expropiación forzosa ós efectos de execución da obra Vial Variante del Tamara.- Resolución das alegacións presentadas e solicitude á Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

 

Negreira, 7 de abril  de 2015.

Alcalde-Presidente

Juan J. Rey Maceira

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada con data 2 de Marzo de 2015, aprobou o Proxecto Técnico da obra Vial Variante del Tamara-Proxecto de expropiación forzosa de los terrenos afectados por la variante del Tamara redactado polo arquitecto municipal D. Alfredo Varela Nogueira, con data de Febrero de 2015.

Ós efectos de cumprimento da Lei de 16 de decembro de 1954, de Expropiación Forzosa e do seu Regulamento, aprobado por Decreto de 26 de abril de 1957, se somete a información pública a relación de bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, que segue a continuación :

OBRA PÚBLICA: VIAL VARIANTE DO TAMARA
RELACIÓN DE BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXPROPIACIÓN FORZOSA

PARCELA TITULAR ENDEREZO PARCELA SUPERFICIE TOTAL SUPERFICIE A EXPROPIAR VALOR SUPERFICIE A EXPROPIAR VALOR ELEMENTOS ACCESIÓN VALOR TOTAL
1 Comunidad de Propietarios de A Robleda Parcela 2F de laUE-11 93,86  m2 34,60 m2 113,37 €   113,37 €
3 D. Jesús Castro BaleatoDª Avelina Castiñeiras Recarey Brexo do Balado – Logrosa 367,45 m2 230,37 m2 754,81 € Muros: 300 € 1.054,81 €
4 Dª María Ruso Vázquez Muiño Tellado 6.485,00 m2 1.702,48 m2 4.301,43 € Cancela: 200 €Pinar:      800 €Cierre:    300 € 5.601,43 €
5 Dª María Victoria Bouzán MartínezD. Jose Antonio Vieito Fuentes Bugalleiras 845,00 m2 98,82 m2 323,78 €   323,78 €
6 D. Ramón Outón Tuñas Agro das Bugalleiras 665 m2 50,87 m2 166,68 €   166,68 €

Durante o prazo de 15 días hábiles a contar desde o seguinte á inclusión deste anuncio na última das publicacións que seguidamente se dirán, poderán formularse as alegacións que se estimen oportunas co obxecto previsto na lexislación que, sobre a materia expropiatoria, se detalla no párrafo segundo deste anuncio.

Os medios de comunicación, oficiais e privados, de referencia, son os seguintes : Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, páxina web municipal:www.concellodenegreira.es e Diario "La Voz de Galicia", así como o Taboleiro municipal de Edictos.

 

Negreira, 3 de marzo de 2015.

Alcalde-Presidente

Juan J. Rey Maceira

16/12/2015
10/12/2015
07/12/2015
02/12/2015
11/11/2015
27/10/2015
27/10/2015
21/10/2015
06/10/2015
06/10/2015
11/09/2015
10/09/2015
08/09/2015
08/09/2015
28/08/2015
28/08/2015
18/08/2015
09/07/2015
02/07/2015
29/06/2015
18/06/2015
08/05/2015
04/03/2015