escolainfantil280318.jpgO Concello de Negreira ten aberto o prazo para a renovación de matrícula e de solicitude de novo ingreso, de nenos e nenas de 0 a 3 anos, na Escola Infantil Municipal para o curso 2018-2019.

 

O prazo de renovación de matricula vai dende o día 1 ó 15 de abril, e para novos ingresos será dendo o 1 ó 30 de abril. Deben presentar as solicitudes no Rexistro Xeral, na Casa do Concello, en horario de 9 a 14 horas.

 

A documentación necesaria pódese consultar a continuación.

 

powered by social2s

crespo260318.jpgJorge Crespo Arias acadaba esta pasada fin de semana unha fantástica cuarta posición no cros para maiores de 35 anos do  Campionato de Europa de Atletismo en categoría de veteranos baixo teito, celebrado en Madrid, mostrándose moi valente ao tirar do grupo, se ben finalmente non puido entrar no podio individual e por equipos.

 

A nosa noraboa para Jorge Crespo, todo un exemplo de deportista e orguio para Negreira por ternos representado en campionatos autonómicos, nacionais e agora tamén, de Europa. 

 

Medalla de bronce para Carla Rodríguez

 

A karateca negreiresa Carla Rodríguez, pertencente á Escola Akai Ryu, acadou a medalla de bronce grazas ao terceiro posto na modalidade de kata por equipos no Campionato de España Sénior celebrado a pasada fin de semana na localidade de Tomares, en Sevilla.

 

carla260318.jpg

 

Carla Rodríguez estivo acompañada no equipo de kata sénior feminino por Ariadna Rocha, do Club Bunkai de Ferrol, e Carla Fernández, do Club Shihan de Lugo, dentro dunha Selección Galega integrada por unha ducia de deportistas.

 

Próximamente, a fin de semana do 13 ó 15 de abril, vaise desputar en Benidorm (Alacante), os Campionatos de España Infantís coa participación de catro xóvenes karatecas do Akai Ryu: David Rico (campión galego en kata alevín); Nicolás Carnota (campión galego en kumite alevín); Raúl García (kumite infantil como campión galego), e Ildara García, campioa galega en kumite xuvenil. Todos eles acompañados da súa preparadora, Ainhoa Rodríguez como integrante do corpo técnico da Selección Galega de Kárate.

powered by social2s

NEGREIRA-EMERXIA-Facebook.jpgO Concello de Negreira pon en marcha un novo sistema de notificación e xestión de incidencias urbanas para os veciños e visitantes.

 

A plataforma EMERXIA permite ós usuarios comunicarse co concello dun xeito rápido e sinxelo, tan só con acceder a ela dende calquera dispositivo conectado a internet. Cada incidencia xeolocalizase de forma automática para facilitar a súa busqueda.

 

O usuario pode achegar fotografías e comentarios, e estará permanentemente informado vía correo electrónico do proceso de xestión, evolución e resolución da súa incidencia.

 

EMERXIA

powered by social2s

parcelaria220318.jpgA veciñanza das parroquias de Campelo, Gonte e Aro, afectada polo Acordo de Reestructuración Parcelaria, está convocada a unha xuntanza informativa que terá lugar o martes día 3 de abril, ás 10:30 horas, no Local Social de Aro, coa que se iniciará a fase de exposición e enquisa pública previa ao acordo de reestructuración parcelaria, a cal estará aberta por un periodo de 1 mes, segundo informa o Servizo de Infraestructuras Agrarias dependente da Consellería de Medio Rural.

 

Nesta xornada informativa, e ao longo do periodo establecido, entregarase aos titulares de fincas, un documento resumo, no que se relacionan as fincas de reemplazo que se lles asignarán, ao tempo que quedarán expostos os planos que tamén se poderán ver na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:

 

http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/infraestructuras/concentracions_parcelarias/publicacions/

 

Durante dito prazo, as persoas afectadas poderán achegar, por escrito e debidamente rexistradas, as alegacións que estimen oportunas.

powered by social2s

gim190318_1.jpgAs xóvenes integrantes en competición da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica do Concello de Negreira acadaron un pleno de éxitos, na súa participación na primeira fase do Campionato Interescolar Galego celebrado este domingo 18 de marzo no pavillón municipal de O Carballiño, en Ourense:

 

Kiara García, terceira clasificada

Sara Verde, primeira clasificada

Xiana García, primeira clasificada

Conxunto Alevín, segundo posto

Conxunto Infantil, primeiro posto

 

Ourense acollerá a segunda fase do Interescolar Galego de Ximnasia Rítmica, o vindeiro 8 de abril, e a terceira será o 13 de maio en Ribadavia, mentres que o sábado 2 de xuño terá lugar a fase final no pavillón municipal de Pedra Mámoa, en Negreira.

 

gim190318_2.jpg

powered by social2s