a pena

A Consellería do Medio Rural a través da Xefatura Territorial da Coruña, empraza aos propietarios da Zona de Concentración Parcelaria de Broño-A Pena-Landeira no Concello de Negreira para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo.

 

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

 

Para consultar o expediente, poderán pórse en contacto co Servizo de Infraestruturas Agrarias chamando aos teléfonos 981 18 46 35 / 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

 

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

 

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

 

powered by social2s

emprego16082023

Os Concellos de Negreira, Santa Comba, Val do Dubra e A Baña participarán nun programa de emprego destinado a mozos e mozas menores de 30 anos, incluídos no sistema nacional de garantía xuvenil. O concello promotor será o de Val do Dubra, ao ser beneficiario da subvención da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade para un total de 16 persoas.

 

Haberá dúas especialidades formativas que serán a de Atención Socio Sanitaria e a de Dinamización de Actividades de Tempo Libre, Educación Infantil e Xuvenil, ambas con 8 prazas.

 

O programa ten un ano de duración e a preselección efectuarase entre os rexistrados no sistema de garantía xuvenil que demanden participar, ou ben inscribíndose na oficina virtual do Servizo Público de Emprego de Galicia.

 

Os interesados poden solicitar máis información nos seus respectivos concellos.

powered by social2s

negreiraaodia

O Concello pon en marcha un novo servizo para informar aos veciños que o precisen a través dunha canle de 𝗪𝗵𝗮𝘁𝘀𝗔𝗽𝗽 que leva o nome de “Negreira ao Día”.

A intención é a de comunicar as actuacións e obras no concello, a axenda cultural, os avisos urxentes ou as actividades municipais.

 

Para sumarse a esta canle de WhatsApp primeiro é preciso agregar o número 609 704 109 aos contactos, e logo enviar unha mensaxe dende a propia aplicación a ese número coa palabra 𝗔𝗟𝗧𝗔.

 

Dende ese mesmo momento xa se poderán recibir comunicación en disposivos compatibles con WhatsApp.

As normas de uso poden consultarse no seguinte documento anexo.

 

powered by social2s

cim logo2

Xa se poden consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do programa “Negreira Concilia Madrugadores” e “Negreira Concilia Merendas” do Centro de Información ás Mulleres do Concello.

 

As solicitudes presentadas fóra de prazo deberán ser subsanadas para, no seu caso, formar parte da listaxe de agarda.

Establecese un prazo de dez días hábiles a contar dende a publicación das referidas listas para reclamacións ou emendar defectos que motivasen a exclusión.

 

powered by social2s

foto02082023

A Corporación Municipal de Negreira celebrará unha sesión extraordinaria do Pleno municipal, o luns día 7 de agosto, a partir das 12 do mediodía, no salón de plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte Orde do día:

 

PRIMEIRO.- Dar conta da constitución de Grupo Político Municipal.

SEGUNDO.- Dar conta da resolución de Alcaldía sobre o nomeamento de Tenente de Alcalde e membro da Xunta de Goberno Local, nomeamento de Concelleiro-delegado e periodicidade das sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local.

TERCEIRO.- Creación e composición das Comisións Informativas Permanentes.

CUARTO.- Designación de representantes da Corporación en órganos colexiados.

QUINTO.- Periodicidade das sesións ordinarias do Pleno da Corporación.

SEXTO.- Establecemento de réximes de especial dedicación: réxime de dedicación exclusiva para o cargo da Alcaldía e réxime de dedicación parcial para o cargo da Concellería delegada de Servizos Sociais, Muller e Igualdade.

SÉTIMO.- Réxime de indemnizacións por asistencia a órganos colexiados e dotacións económicas a Grupos Políticos.

 

Attachments:
Download this file (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf
powered by social2s