karate070219.jpgEste sábado 9 de febreiro, Negreira ten un novo encontro co deporte. A Asociación Deportiva do Coto celebra o seu vixésimo sétimo trofeo no que o kárate se viste de gala e se pon en valor a esencia do mesmo. A competición comezará ás 16:30 horas no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa.

 

Na presente edición serán aproximadamente  200 os participantes e con clubes procedentes de toda Galicia. Concretamente, asistirán 16 clubs pertencentes á comarca de Ferrolterra, de Verín, de Santiago de Compostela, e da veciña Val do Dubra, e por suposto, a asociación anfitriona, con máis de 30 rapazas e rapaces en tódalas categorías.

 

Este ano como novidade dispútase unha modalidade de kata mixta por equipos que, de seguro, resultará un gran éxito. Así, ca realización de unha competición centrada na kata, a Asociación Deportiva do Coto pretende poñer en valor os principios fundamentais da mesma.

powered by social2s

davila060219.jpgO Entroido de Negreira, a toda cor, grazas ao enxeñoso e recoñecido deuxante e humorista Luis Davila, quen por segundo ano consecutivo é o autor do cartaz que anuncia as populares festas do Entroido 2019 no Concello de Negreira, o cal vos presentamos para gozar dunha das citas festeiras máis desenfadas do ano, dende o venres día 1 ao luns 4 de marzo.

 

Na imaxe, pode verse aos seus personaxes Milucho e Dora ¨a desbrosadora¨, convídandonos a disfrutar do popular Entroido de Negreira, un dos máis importantes da provincia da Coruña.

 

Deseñador gráfico pola Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso, da Coruña, o humorista é o autor dun bo número de sorrisos diarios a través das súas tiras de humor O Bichero e O Fotomatón, nas páxinas do xornal Faro de Vigo, pero tamén fai cavilar aos seus lectores, porque coma él mesmo dí: «Debuxar é a miña voz, é o meu altofalante, e o meu xeito de expresarme». O xeito en que os galegos se toman as cousas está reflectido nas súas tiras.

powered by social2s

silvicolas.jpgA través destas achegas que alcanzan un orzamento de 13 millóns de euros, prevése executar melloras en 7.000 hectáreas e chegar a 500 beneficiarios, despois da súa publicación onte luns 4 de febreiro, no Diario Oficial de Galicia, polo que desde hoxe está aberto o prazo para solicitalas, a través dunha orde da Consellería do Medio Rural que regula a concesión destas axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais.

 

O prazo de solicitudes é dun mes a contar a partir do martes 5 de febreiro, sendo unhas axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, a través do cal a Xunta subvenciona dous tipos de accións: Unha dirixida a prácticas preventivas que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible vexetal para a prevención de incendios; e unha segunda liña de axudas, que o é para a realización de tratamentos silvícolas e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.

 

 

Poden optar a estas axudas as Sociedades de Fomento Forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e as agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta. Tamén se poden acoller as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais e as comunidades de montes veciñais en man común.

 

Pódese acceder á orde nesta ligazón

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190204/AnuncioG0426-020119-0003_gl.html

powered by social2s

dipcoruna.jpgA Deputación da Coruña vén de convocar diversas liñas de acción para o desenvolvemento cultural de entidades sen ánimo de lucro e empresas privadas. O prazo de solicitude comezou o 17 de xaneiro e remata o venres 15 de febreiro, ás 14:00 horas.

 

Parar realizar a solicitude telemáticamente é imprescindible ter un DNI electrónico, ou Certificado Dixital, e efectuarase a través do link:

https://www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/acceso/login

 

Para coñecer detalladamente cada convocatoria preme nas seguintes ligazóns:

1. Bases reguladoras e prazos do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/16/2019_0000000247.pdf

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/08/2019_0000000089.pdf

 

2. Bases reguladoras e prazos do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de inversións culturais:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/16/2019_0000000249.pdf

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/08/2019_0000000090.pdf

 

3.Bases reguladoras e prazos do programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e bailes tradicional galego e formacións musicais de gran formato para o desenvolvemento de actividades culturais:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/08/2019_0000000093.pdf

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/16/2019_0000000254.pdf

 

4.Bases reguladoras e prazos do programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e bailes tradicional galego para o desenvolvemento de actividades culturais:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/08/2019_0000000092.pdf

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/16/2019_0000000252.pdf

 

5.Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades privadas (iniciativa social sen ánimo de lucro e centros especiais de emprego):

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/12/18/2018_0000009405.pdf

 

Máis información: Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Negreira.

powered by social2s

provideo2.jpgPresentámosvos o vídeo elaborado por DairVisual, unha empresa do noso concello, co gallo da 8ª Gala do Deporte ¨Concello de Negreira¨, e que amosa a labor dos deportistas de Negreira, un concello que foi pioneiro na década dos oitenta coa construcción de instalación para a práctica deportiva e a creación de escolas deportivas municipais que foron todo un fito naqueles tempos.

 

Os nenos e as nenas que eran alumnos daquelas primeiras escolas deportivas, hoxe en día son deportistas que obteñen premios e galardóns en cada respectiva modalidade que practican, representando a Negreira en campionatos provinciais, autonómicos e nacionais, e que son un exemplo para a nosa mocidade.

 

Porque «Negreira é deporte». Un pobo vivo, novo e saudable, que participa en todo tipo de eventos deportivos.

 

powered by social2s