DSC_0663.jpg

O escritor e poeta, Francisco Javier Fernández Dávila, de Panxón, no concello pontevedrés de Nigrán, co poemario: Palabras mortas, baixo o pseudónimo Améndoa periférica, resultou gañador do duodécimo Certame de Poesía Xosé M. López “Ardeiro”, convocado polo Concello de Negreira e coa colaboración da Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Xunta de Galicia.

 

O resultado do xurado foi por maioría e segundo detallou a súa secretaria, María Rey, o xurado valorou: “Unha proposta na que desde unha tradición perfectamente integrada e asumida, se ofrece unha visión orixinal e coherente, que recolle o testemuño persoal e asumindo a voz dunha colectividade de hoxe en día», afirmou.

 

FOTO 1.jpg

 

Para Francisco Fernández Davila é un premio moi especial, dixo. “Gústame especialmente este certame porque é froito do amor. Pode ser cursi falar de amor, pero é a verdade”, segundo sinalou o gañador, quen tivo palabras para o outro finalista e animóuno a seguir tentándoo porque él xa estivo na mesma situación hai tres anos cando foi finalista do premio.

 

Este premio está dotado de 2.500 € en metálico que entrega o Concello e, o gañador recibirá 300 exemplares da edición do poemario que publicará a Xunta de Galicia. O gañador xa ten no seu haber numerosos premios: o de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, en 2017 e o XVII Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, do Concello de Noia, coa novela Alana, no ano 2018, entre outros.

 

O outro finalista foi Francisco Vila Díaz, de Monforte de Lemos, coa obra: Estanque de tormentas, presentada baixo o pseudónimo Perséfone. Obtén un premio en metálico de 500 euros. Francisco Vila explicou que a súa obra trata da “dualidade” no proceso creativo entre vida e morte porque dixo “eu coido que todos os nosos actos son en realidade creativos e con cada un deles nos achegámos un pouquiño á morte”, subraiou.

 

FOTO 2.jpg

No acto celebrado este 20 de Nadal no auditorio Afonso Eanes do Cotón, na véspera do dezaséis cabodano do poeta de Logrosa, participaron o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez, quen sinalou que o certame “honra á persoa que leva ese nome e apelidos e ademais, permite darlle recoñecemento á creación e poesía en lingua galega”. Congratulouse o director xeral da “gran cantidade de traballos que se están a presentar aos diferentes certames en Galicia, porque a situación literaria en Galicia favorecue moito a creación, e estimulou moito aos creadores a presentarse aos premios”.

 

Pola súa banda, o alcalde Manuel Ángel Leis Míguez, salientou que o Concello de Negreira vai tentar coas demais administración, que Xosé Manuel López Gómez “Ardeiro”, sexa tido en conta para dedicarlle o Día das Letras Galegas, tal e como expresou antes no seu desexo, Francisco Fernández Davila.

 

Encargouse de amenizar o acto, a cantante Judith Cundíns. O xurado do certame estivo composto por: José Antonio Ponte Far, como presidente; María Rey, como secretaria; e os escritores e críticos literarios Xulio López Valcárcel; María López Sández e Diana Varela.

 

powered by social2s

1695115493243 (1).jpg

1695115493089.jpg

 

powered by social2s

montes221123.jpg

 

O Concello de Negreira participa nunha nova acción formativa englobada no Obradoiro de emprego Constrúe en verde 2023 que está promovido polo Concello de Santa Comba, e coa colaboración dos concellos de Negreira, Val do Dubra e A Baña, quenes contan cunha achega económica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a realización deste taller para 20 alumnos/as, distribuídos nas seguintes especialidades formativas:

- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (Agaro309)

- Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción (EOCB0109) e Operacións auxuliares de albanelaría de fábricas e cubertas (EOCB0208).

 

Este Programa de emprego terá unha duración de 12 meses e a preselección de alumnos/traballadores farase na Oficina de Emprego Santiago Norte. Alí, serán preseleccionados aqueles que demanden algún dos seguintes servizos: Escolas taller (320); Casa de oficios (330); Taller de emprego (340), e Outros programas de emprego formación dual (370).

 

Os destinatarios deste obradoiro deberán ter os 18 anos cumpridos para poder participar no mesmo.

 

Aquelas persoas que non estean inscritas nos devanditos códigos poderán facelo dirixíndose á citada oficina, e pedindo cita previa na seguinte ligazón: https://emprego.xunta.es/citaprevia/

 

Tamén poderán inscribirse a través da oficina virtual do SPEG.

 

Prazo máximo de inscrición: venres, día 24 de novembro ata as 12:00 horas.

A tramitación da oferta realizarase na maior brevidade posible, xa que a previsión de inicio é para o día 11 de decembro de 2023.

Para máis información sobre este proceso poñánse en contacto coa oficina de emprego dos concellos participantes:

Concello de Val do Dubra (981 889 000) / Concello de Negreira (881 035 150) / Concello da Baña (981 886 501) e Concello de Santa Comba (663 728 782).

 

powered by social2s

Proceso de selección do persoal e alumnado traballador do Obradoiro Dual de emprego: "Constrúe en verde 2023"

 

Fanse públicos os resultados da proba escrita das persoas candidatas a docentes, titor/a e director/a do obradoiro dual de emprego Constrúe en verde 2023. 

Os resultados poden consultarse en documento adxunto ou premendo nesta ligazón.

 

30 de novembro

Fanse públicos os resultados provisionais totais do alumnado-traballador preseleccionado para o obradoiro dual Constrúe en verde 2023. 

O prazo para presentar alegacións estará aberto ata o venres 1 de decembro ás 14.00 horas.

Os resultados poden consultarse en documento adxunto ou premendo nesta ligazón.

 

29 de novembro

Fanse públicos os resultados da proba escrita do alumnado-traballador preseleccionado para o obradoiro de emprego dual Constrúe en verde 2023.

Os resultados pódense consultar en documento adxunto ou premendo nesta ligazón

 

22 de novembro

Fanse públicos as bases do obradoiro dual de emprego Constrúe en verde 2023 poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo neste ligazón.

 

powered by social2s

escaparate_221123.jpg

O Concello de Negreira convoca o IV Concurso de Decoración de Nadal, co obxectivo de promover o embelecemento da vila facendo partícipe a poboación e o tecido económico. O proxecto contribuirá á participación activa do pobo de Negreira na tradición do Nadal e á posta en valor do comercio, a hostalaría e o patrimonio cultural.

As inscricións serán gratuítas e estarán abertas a toda a poboación maior de idade do Concello de Negreira e establecementos hostaleiros e comerciais con actividade emprazada no termo municipal.

 

¿Como inscribirse?

 Mediante un email a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., e indicando o nome, apelidos e DNI da persoa representante, teléfono, correo-e, e o enderezo da vivenda ou establecemento onde se levará a cabo a decoración obxecto do concurso, incluíndo tódolos datos precisos para a súa localización, así como o nome do establecemento na categoría de establecementos. Como alternativa, tamén se poderán realizar as inscricións de luns a venres non festivos de 9:30 h a 14:00 h na Casa da Cultura, ou no número de teléfono: 981 885 886.

 

Período de inscricións

Dende o 23 de novembro ás 14 h do venres 12 de decembro.

 

Categorías de participación

a) Particulares

Poderán participar dentro desta categoría vivendas unifamiliares, tanto casas como pisos, así como conxuntos formados por comunidades de veciños dun edificio. Para o concurso valorarase unicamente a decoración visible dende a vía pública (entradas, fiestras, balcóns, xardíns, árbores de nadal, etc.).

b) Establecementos

Poderán participar dentro desta categoría tódolos establecementos comerciais e de hostalaría emprazados no termo municipal de Negreira. Valorarase en conxunto a decoración para o concurso, que poderá realizarse nas zonas accesibles ou visibles para o público en xeral: no interior, no exterior, nos accesos e fiestras e nos escaparates. A decoración deberá manterse sen modificar dende o inicio ata a fin do concurso, podendo cambiarse outros elementos como os produtos en venda expostos.

 

Duración do concurso

A decoración deberá estar colocada dende o día 15 de decembro de 2023 ata o día 8 de xaneiro de 2024, ambos incluídos. A exposición será gratuíta e estará visible dende a vía pública (vivendas ou comunidades de veciños) ou lugares de acceso permitido e visibles (establecementos) para o goce da poboación.

 

Premios

Outorgaranse un máximo de tres premios en cada unha das dúas categorías, en función da puntuación outorgada polo xurado, que se baseará en tres aspectos de máximo 10 puntos cada un: creatividade, orixinalidade e apreciación de elementos locais.

a) Particulares

1º premio: Vale regalo de 100 € para gastar integramente en establecementos do Concello de Negreira

2º premio: Vale regalo de 60 € para gastar integramente en establecementos do Concello de Negreira

3º premio: Cesta de produtos

b) Establecementos

1º premio: 400 €

2º premio: 150 €

3º premio: Cesta de produtos

 

Consulta toda a información detallada nas Bases do concurso

 

powered by social2s