Por medio do presente comunícase a data de celebración da Mesa da Subasta dos referidos expedientes, na que se aperturarán os respectivos sobres A e B presentados para a compra-venda das masas comúns de propiedade municipal que seguidamente se reseñan:
• Parroquia: San Vicente de Aro
Finca: nº 621 do Plano Xeral da zona de Concentración Parcelaria.
• Parroquia: San Félix de Campelo
Finca: nº 63 do Plano Xeral da zona de Concentración Parcelaria.
A citada Mesa da Subasta terá lugar o próximo día 25 de maio, luns, ás 11.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
Negreira, 15 de maio de 2015
Alcalde-Presidente
Juan J. Rey Maceira