O Consello da Xunta, mediante acordo adoptado con data de 30 de abril de 2015 e publicado no Diario Oficial de Galicia nº 86 do día 8 de maio de 2015 aprobou a  declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos incluidos no Proxecto Técnico da obra Vial Variante del Tamara-Proxecto de expropiación forzosa de los terrenos afectados por la variante del Tamara, redactado polo Arquitecto Municipal, don Alfredo Varela Nogueira, con data de febreiro de 2015, ós efectos de expropiación forzosa.

Os datos correspondentes ós terrenos de referencia son os seguintes:

PARCELA TITULAR ENDEREZO PARCELA SUPERFICIE TOTAL SUPERFICIE A EXPROPIAR VALOR SUPERFICIE A EXPROPIAR VALOR ELEMENTOS ACCESIÓN VALOR TOTAL
1 Comunidad de Propietarios de A Robleda Parcela 2F de laUE-11 93,86  m2 34,60 m2 113,37 €   113,37 €
3 D. Jesús Castro BaleatoDª Avelina Castiñeiras Recarey Brexo do Balado – Logrosa 367,45 m2 230,37 m2 754,81 € Muros: 300 € 1.054,81 €
4 Dª Pilar Pose RusoDª Laura Liñares Pose Muiño Tellado 6.485,00 m2 1.702,48 m2 4.301,43 € Cancela: 200 €Pinar:      800 €Cierre:    300 € 5.601,43 €
5 Dª María Victoria Bouzán MartínezD. Jose Antonio Vieito Fuentes Bugalleiras 845,00 m2 98,82 m2 323,78 €   323,78 €
6 D. Ramón Outón Tuñas Agro das Bugalleiras 665 m2 50,87 m2 166,68 €   166,68 €

O próximo día 25 de maio de 2015 ás 12. 00 horas procederán a levantarse as Actas previas á ocupación, coas formalidades, detalle e ós efectos que se prevén no artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954 de Expropiación Forzosa.

O comezo da xuntanza terá lugar no Salón de Sesións da Casa do Concello.

Na mesma data, no seu caso, emitiranse as follas de depósito previo á ocupación reguladas na norma antedita.

Os titulares dos bens e dereitos anteditos deberán comparecer provistos da documentación que lles acredite como tales.

Este anuncio publicarase nos seguintes medios de comunicación:

- Taboleiro Municipal de Editos.

- Páxina web municipal: www.concellodenegreira.es.

- Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

- Diario "La Opinión"

- Diario “El Ideal Gallego”.

 

Negreira, 8 de maio de 2015.

Alcalde-Presidente

Juan J. Rey Maceira

16/12/2015
10/12/2015
07/12/2015
02/12/2015
11/11/2015
27/10/2015
27/10/2015
21/10/2015
06/10/2015
06/10/2015
11/09/2015
10/09/2015
08/09/2015
08/09/2015
28/08/2015
28/08/2015
18/08/2015
09/07/2015
02/07/2015
29/06/2015
18/06/2015
08/05/2015
04/03/2015